Xaquin Rosales

Sábado, 08 Diciembre 2012 08:53

Exposicion Anaco - Ourense

05/11/2012 al 18/11/2012

Fai tempo que o sabía, pero foi esta tarde cando decidín que se chamaría ANACO, estaba claro que o que desexaba ensinar eran anacos de vida que por algunha razón definen o camiño que vou tomando, cada imaxe encerra sensacións acumuladas unha tras outra, desde o mesmo instante en que foron tomadas, até transformarse nun obxecto, si un obxecto con corpo e forma, que se apoia na parede e desexa ser tocado, movido, combinado con outros para falar da vida e do seu lento fluír.
ANACO convida a os espectadores a construír pequenos poemas visuais xogando co as fotografias, colocandoas en grupos de tres, por iso cada dia ANACO é diferente, por que nos fala da memória  que vai obtendo e da experiencia compartida.
As imaxes de ANACO, son moi diversas e moi cotians, queren ser recoñecidas rapidamente para centrar a atencion no fundamental que e a sensacion percibida e facilitar asi a construccion instantânea de reflexions curtas.

Publicado en Blog