Xaquin Rosales

A CASA DO OSCAR - Luis Diaz Diaz

Jueves, 27 Diciembre 2012 13:17

O mais importante nao e a arquitectura, mas a vida, os amigos, e este mundo injusto que devemos modicar”. — Oscar Niemeyer

A casa do Oscar é o primeiro dunha serie de 5 cadernos nos que Fabulatorio quere explorar, a través da fotografía, os pares de relacións: espazo–vida e cultura–civilización.

A casa de Oscar é, ademais, unha homenaxe visual ao arquitecto Oscar Niemeyer: referencia lonxeva e destacada do proxecto utopista e transformador da modernidade, coa que se comprometeu profesionalmente dende unha das periferias do cerne intelectual centroeuropeo e norteamericano.

Por esa razón, no ano 2012, cando os sistemas económicos e de poder seguen a replicar globalmente a súa inxustiza endémica, Oscar Niemeyer e a súa obran continúan definindo lugares polos que vale a pena transitar.

As fotografías de Luis Díaz Díaz están acompañadas no libro de dous textos elaborados por Benoît Sindt e Chico Buarque. Benoît Sindt é arquitecto e foi un dos compañeiros de viaxe de Luis Díaz Díaz por Brasil no ano 2005. O texto de Chico Buarque, que dá título ao caderno, e se reedita agora con permiso do autor, foi publicado orixinalmente no ano 2000 no folleto Poemas, testemunhas, cartas para conmemorar o noventa aniversario de Oscar Niemeyer.

www.luisdiazdiaz.com

www.fabulatorio.org

 

Artículos relacionados (por etiqueta)