¡ que cristo !

 

Porto de Santa Mariña ( Camariñas ) 2004

 
 
   

En tempos en que administracións e sociedade en xeral, empézanse a amosar sensibilizados en contra do chamado “feismo urbanístico”, a cidadanía está a presenciar con impotencia como se están a construir edificacións que poderíamos considerar antiestéticas arquitectónicamente e que configuran, no seu conxunto, un urbanismo deslucido e de malgusto que desmerecen as potencialidades dos nosos concellos.

Estamos a falar de edificios que se están a construir sen ningún tipo de control urbanístico por parte dos gobernos municipais. A meirande parte deles carece de proxecto técnico e por tanto tamén de licencia municipal de obras.

Son a maioría deles galpóns que se construen en fincas que unha vez colocados os ladrillos e tendida a uralita no tellado, xa está o cobertizo rematado.

Faise, polo tanto, necesaria unha acción normativa conxuntamente con aporte económico por parte dos concellos a fin de protexer o aspecto das nosas aldeas, evitando que rematen coma un monumento ao “feismo”, provocado pola construcción de galpóns e outras construcións abandonadamente.

 Unha das causas principais (non a única, evidentemente) do feísmo no ámbito rural é a falta de medios económicos para acceder a unha vivienda, o que leva a moitas familias a darlle unha planta máis a súa casa con unha licencia "para cambia-lo tellado", facer "arrimos" sen sentido, edificar en solo rústico, etc. Pero esto é explicable. Por iso os concellos teñen que fomentar axudas para a rehabilitación e mellora das vivendas rurais, sempre que esas construccións veñan precedidas dos controis urbanísticos correspondente.